A compravenda de vivendas dispárase un 65,4% en maio en Galicia
Cun total de 2.306 operacións, representa o segundo maior incremento por comunidades, segundo os datos que acaba de publicar o Instituto Nacional de Estadística (INE).
A compravenda de viviendas disparouse en Galicia no mes de maio ata un 65,4%, respecto ao mesmo mes de 2024. Con 2.306 operacións, representa o segundo maior incremento por comunidades, despois do de Castela-A Mancha (+69,4%) segundo os datos que acaba de publicaro o Instituto Nacional de Estadística (INE).
Segundo tipo de compravendas, tratouse de 569 vivendas novas e 1.737 usadas así como 2.243 vivendas libres fronte a 63 protexidas.
En total, realizáronse 4.152 operacións de transmisión de vivendas. Delas, 2.306 transmitíronse por compravenda, 12 mediante doazón, 5 permutas, 997 herdanzas e 832 operacións doutro tipo.
En relación ao total de fincas, realizáronse 11.240 operacións de transmisión, delas, 3.759 rústicas e as restantes 7.481 urbanas. Das urbanas, 4.152 son vivendas transmitidas, 268 solares e 3.061 outra clase de fincas urbanas.
A taxa nacional, por debaixo da galega, sitúase nun 39,7%
A nivel nacional, a compravenda de vivendas disparouse en maio un 39,7% respecto ao mesmo mes de 2024, ata un total de 61.054 operacións, a maior cifra neste mes dende 2007, cando se realizaran case 60.032 compravendas.
Desta forma, a compravenda de viviendas encadea once meses consecutivos de incrementos interanuais. O aumento de maio debeuse tanto ao repunte das operacións sobre pisos novos, que creceron un 42,1% interanual ata as 12.785 operacións como ás realizadas sobre vivendas usadas, que subiron un 39% ata as 48.269 operacións.
Nos cinco primeiros meses do ano, a compravenda de vivendas aumentou un 20,1% con repuntes do 31,6% para as vivendas novas e do 17,2% para as usadas.