Oferta de emprego de 'Orientador/a laboral' para o Centro de Arteixo de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia
Ofrécese contrato temporal para substitución de baixa por enfermidade, para atender a particulares en busca activa de emprego e prestar servizos de orientación no Centro situado no Polígono de Sabón, Avda. da Praia. Parcela 131-A , 15142 - Arteixo (A Coruña).
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia abre proceso de selección de 'Orientador/a laboral' para o Centro de Arteixo. Ofrécese contrato temporal para substitución de baixa por enfermidade, para atender a particulares en busca activa de emprego e prestar servizos de orientación laboral no Centro situado no Polígono de Sabón, Avda. da Praia. Parcela 131-A , 15142 - Arteixo (A Coruña).
Requisitos académicos e experiencia:
- Estudos mínimos: grao ou licenciatura relacionado co posto.
- Experiencia mínima: 1 ano
Idiomas requeridos:
- Galego: nivel avanzado.
Funcións do posto:
- Atender a particulares en busca activa de emprego e prestar servizos de orientación para acompañar na definición dun itinerario personalizado de inserción (IPI)
- Xestionar a bolsa de emprego a nivel territorial e os servizos de intermediación, atendendo e asesorando aos usuarios/as particulares e empresas.
- Colaborar con Administracións Públicas, Institutos e outras entidades sen ánimo de lucro difundindo as vantaxes do mercado laboral do sector da construción e os servizos da Fundación.
- Xestionar o servizo prestado na axencia de colocación.